Participación cidadá

Para a execución da Edusi Culleredo Vivo proponse a creación do Grupo de Participación Urbana (GAU), como máximo órgano impulsor da participación. Este órgano, de carácter multisectorial, realizará as funcións de acompañamento, consulta e participación na estratexia. Estará presente ao longo de toda a execución desta e asegurará a integración nela das diferentes voces da cidade.

O GAU estará composto por un Comité de Dirección que contará coas seguintes persoas integrantes:

  • Un presidente ou presidenta que será o alcalde/alcaldesa ou persoa en quen delegue.
  • Concelleiros/as en representación das diferentes áreas de goberno implicadas nas liñas estratéxicas da Edusi Culleredo Vivo.
  • Representantes dos diferentes consellos sectoriais definidos no Regulamento marco por acordo de pleno do Concello de Culleredo o día 30 de outubro de 2007. A representación oscilará entre un mínimo de dous e un máximo de catro representantes por cada consello sectorial, que serán elixidos polo Consello Xeral de Participación Cidadá conforme ao establecido no seu propio regulamento. Preferentemente existirán representantes de asociacións de Culleredo relacionadas coa temática social, económica e ambiental. Cada consello sectorial poderá nomear novos representantes durante a duración do GAU.

Os cidadáns e as cidadás poderán levar a cabo un seguimento de todas as actuacións que se realicen a través das canles de comunicación habilitadas para iso e poderán asistir ás reunións do GAU libremente e actuar con voz pero sen voto.

Consulta as subseccións