Plan de implementación

Culleredo Vivo é a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado para o municipio de Culleredo que, durante os próximos anos, aspira a facilitar a acción urbanística, económica, ambiental, cultural, social e de goberno da cidade.

Culleredo Vivo conseguiu o apoio financeiro da Unión Europea a través da primeira convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e integrado no marco do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) de Crecemento Sustentable 2014-2020. O orzamento total da estratexia é de 3.925.068,00 euros, e a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dun 80%, é de 3.140.054,40 euros, mentres que a achega municipal ascende a 785.013,60 €.

Que persegue a estratexia Culleredo Vivo?

assets_Artb - 26

Aumentar la introducción y uso de las TIC

Converter Culleredo nun concello cun alto nivel de penetración e uso das TIC, incluído na relación a poboación coa administración, facilitando o desenvolvemento de infraestruturas e a adquisición de competencias dixitais pola cidadanía que melloren a competitividade territorial.

assets_Artb - 24

Respetar y proteger el medioambiente

Respectar e protexer o medioambiente. Maximizar o uso dos recursos naturais (fundamentalmente os fluviais) e o respecto ambiental como elementos de sustentabilidade e vertebración da cidade de Culleredo, mellorando a conectividade interna do territorio mediante a promoción de medios de transporte seguros e ecoeficientes.

assets_Artb - 25

Mejorar el atractivo de la ciudad

Mellorar o atractivo de Culleredo mediante a potenciación dos elementos fundamentais da súa identidade: Culleredo e a súa riqueza patrimonial; Culleredo zona de esparexemento da área metropolitana; Culleredo un lugar para investir, e comprar e vivir. Mellorar o atractivo da cidade

Que actuacións se teñen previsto implementar?

O goberno muncipal articulou 10 liñas de actuación para impulsar a implantación do uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), a rehabilitación urbanística, económica e social do municipio de Culleredo

  • assets_Artb - 19assets_Artb - 19
    Patrimonio industrial:Descontaminación dos terreos da antiga Fábrica Cros.
  • assets_Artb - 22assets_Artb - 22
    Permeabilidade urbana: Favorecerase a permeabilidade urbana vencendo os obstáculos que representaron as infraestruturas da área metropolitana: Humanización da N-550 (humanización e priorización de peóns fronte a vehículos) e a vía do Ferrocarril ao seu paso polo Burgo (cubrición e xeración de espazos libres)
  • assets_Artb - 21assets_Artb - 21
    Mellora da transición cidade/zonas industriais: Promoverase a redución do impacto que as actividades industriais nas contornas urbanas máis próximos.
  • assets_Artb - 23assets_Artb - 23
    Comercio de Culleredo: Porase en marcha un plan de dinamización do comercio local do Culleredo
  • assets_Artb - 20assets_Artb - 20
    Dinamización social: Adecuaranse e porán en marcha espazos de intervención e participación social
  • assets_Artb - 15assets_Artb - 15
    Nodos Culleredo: Crearase unha rede de puntos de acceso dixital en todo o concello, facilitando contidos e promovendo accións de redución do GAP dixital en toda a poboación.
  • assets_Artb - 14assets_Artb - 14
    Administración electrónica: Desenvolverase unha plataforma de aplicacións de administración electrónica entre o cidadán, colectivos empresas e a administración local; e, complementariamente, entre a administración local e as outras administracións.
  • assets_Artb - 17assets_Artb - 17
    Transporte eficiente e ecolóxico, con especial atención a fórmulas de transporte colectivo baixo demanda.
  • assets_Artb - 18assets_Artb - 18
    Rede urbana natural-fluvial sustentable: Crearase unha rede de corredores fluviais partindo do Río Trabe e Valiñas, que conecten o núcleo urbano de Culleredo con puntos de interese patrimonial natural e cultural.
  • assets_Artb - 16assets_Artb - 16
    Culleredo patrimonio natural do Camiño: Poñerase en valor do patrimonio natural ligado ao Camiño de Santiago