Criterios de selección de operacións

Na Edusi Culleredo Vivo definíronse, para cada liña de actuación, uns criterios para a selección e a priorización das distintas operacións para financiar.

En xeral, a selección de operacións estará rexida polos principios de igualdade entre beneficiarios, eficiencia, eficacia e sustentabilidade das operacións, transparencia dos criterios de selección, capacidade dos beneficiarios para implementalos e aliñamento estratéxico con outras operacións e instrumentos.

Ademais, as operacións deberán:

  • Contribuír á estratexia DUSI.
  • Contribuír ao Programa Operativo.
  • Abordar os problemas dunha forma integrada e mostrar vínculos claros con outras intervencións ou operacións coexistentes.
  • Medirse a través dos indicadores de produtividade do anexo VIII, sempre que sexan coherentes cos obxectivos temáticos nos que se engloba a actuación.

E uns criterios específicos para cada Obxectivo Temático e contemplados na V Versión das Directrices para a redacción do “Manual de Procedementos” polas Entidades DUSI (Organismos Intermedios “Lixeiros”) e para a selección de operacións.