Plan de implementación

Culleredo Vivo é a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado para o municipio de Culleredo que, durante os próximos anos, aspira a facilitar a acción urbanística, económica, ambiental, cultural, social e de goberno da cidade.

Culleredo Vivo conseguiu o apoio financeiro da Unión Europea a través da primeira convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado no marco do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de Crecemento Sustentable 2014-2020. O orzamento total da estratexia é de 3.925.068,00 euros, e a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dun 80%, ascende a 3.140.054,40 euros, mentres que a achega municipal é de 785.013,60 €.

Que persegue a estratexia Culleredo Vivo?

assets_Artb - 26

Aumentar a introdución e o uso das TIC

Converter Culleredo nun concello cun alto nivel de penetración e uso das TIC, incluído na relación da poboación coa Administración, co desenvolvemento de infraestruturas e a adquisición de competencias dixitais pola cidadanía que melloren a competitividade territorial.

assets_Artb - 24

Respectar e protexer o medio

Respectar e protexer o medio e maximizar o uso dos recursos naturais (fundamentalmente os fluviais) e o respecto ambiental como elementos de sustentabilidade e vertebración da cidade de Culleredo, coa mellora da conectividade interna do territorio mediante a promoción de medios de transporte seguros e ecoeficientes.

assets_Artb - 25

Mellorar o atractivo da cidade

Mellorar o atractivo de Culleredo mediante a potenciación dos elementos fundamentais da súa identidade: Culleredo e a súa riqueza patrimonial; Culleredo como zona de esparexemento da área metropolitana; e Culleredo como un lugar para investir, e comprar e vivir.

Que actuacións se teñen previsto implementar?

O Goberno municipal articulou seis liñas de actuación para impulsar a implantación do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e a rehabilitación urbanística, económica e social do municipio de Culleredo